Sociedade

Caballero aparece nun acto vestido cun chándal bolivariano de Vigo


O alcalde de Vigo sorprende a todo o mundo ao aparecer uniformado cual político bolivariano, co seu chándal da cidade.

Abel Caballero non deixa de sorprender. Se primeiro foi o Alfageme na rotonda, e despois o Dinoseto, agora o rexidor vigués volve cunha nova idea en mente, a comercialización de chándals vigueses, para reivindicar a cidade olívica e “colocala na situación que lle corresponde”.

Abel Caballero e o seu chándal bolivariano, onte en Coia.

Abel Caballero e o seu chándal bolivariano, onte en Coia.

Deste xeito uniformado aparecía Caballero no acto de presentación da festas de Coia, barrio obreiro, no que o alcalde quixo exhibir as súas mellores galas. Como se dun político bolivariano se tratase Abel lucía o “chándal oficial da cidade”.

Así no seu discurso referíase a súa patria de Vigo, como a gran urbe de Galiza, e unha das grandes de España, digna de independizarse se así o quixese, e cun potencial(grazas en parte ao Dinoseto) enorme. “Temos que estar orgullosos e orgullosas de pertencer a esta cidade obreira, e que mellor maneira que facelo con esta indumentaria”.

Abel Caballero volvía así, aínda que tan só a nivel estético, aos seus inicios comunistas como militante do PCE, adoptando a indumentaria que antes puidemos ver noutros presidentes de estado como Fidel Castro en Cuba e Hugo Chávez ou Maduro en Venezuela.

O chándal vigués será comercializado polo propio Concello de Vigo, e ubicará unha tenda oficial no entorno de A Pedra.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s