Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata…
Etiqueta: Abel Caballero
Científicos recomendan mirar a iluminación de nadal de Vigo a través dunha radiografía
O anuncio de Abel Caballero da instalación das luces de nadal fai ser precavidos a ópticos e oftalmólogos. O anuncio de Abel Caballero de instalar máis de nove millóns de lámpadas led e iluminar árbores, consistorio e rúas puxo en alerta a científicos e profesionais da medicina para evitar que a poboación da cidade…
Un ourensán queixase de que en Samil hai demasiados vigueses
Estaba de vacacións e atopouse cun gran número de vigueses na praia. Antoñito García colleu vacacións en agosto e decidiu, como tantos outros ourensáns, ir a Vigo a pasalas. Reservou un apartamento na cidade olívica e acudiu á praia de Samil. As vacacións remataron en lágrimas para Antoñito que comprobou que Vigo estaba cheo de…
Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a…
A estatua dos redeiros de Vigo será substituída por un busto de Abel Caballero
O monumento ao traballo será eliminado da Gran Vía viguesa no vindeiro mes. O busto de 15 metros de altura será forxado en ouro e diamantes coa imaxe de Abel de cintura cara arriba e sustituirá un dos ítems máis representativos da cidade, o monumento ao traballo. A estatua, que representa a sete homes ben…
As rotondas de Vigo non conseguen que sexa a cidade máis fea de España
A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla. Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición. Abel Caballero xa anunciou que…
O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña
Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor. A polémica polo traslado do Celta fóra do ámbito municipal de Vigo non deixa de xerar polémica. A desta semana baséase nunha posíbel carambola que xoga co descenso do Deportivo da Coruña o que abriría…
Caballero presenta o seu libro de xardinería “Cortando capullos”
O alcalde vigués ensina no seu novo libro os principios básicos da poda política. Abel Caballero, o alcalde vigués, famoso no mundo enteiro por crear un Dinoseto ou colocar barcos en rotondas, acaba de lanzar ao público o seu quinto libro, o primeiro deles fora do ámbito novelesco. Neste libro Caballero, baixo o título “Cortando…
Abel Caballero comeza unha campaña para poñer bancos na Coruña
“Nen bancos sen coruños, nen Coruña sen bancos” titularase a iniciativa. O rexedor de Vigo, Abel Caballero, mostrou onte a súa consternación pola falta de mobiliario urbanístico nas calles da Coruña. Indicou que a carencia de bancos é o principal indicador de depresión e agorafobia. En palabras do propio alcalde: “Os pobres coruños non só…
Rubén Pérez, armado cunha zambomba, toma reféns no Concello para esixir que apaguen os villancicos
Cun gorro de Santa Claus, blandindo unha zambomba e cantando “Hacia Belén va una burra, rin rin”, así relatan testemuñas presenciais a entrada de Rubén Pérez no Concello de Vigo. O secretario de organización de Esquerda Unida e voceiro da Marea de Vigo sucumbe á presión e, armado cunha zambomba, irrumpiu hoxe a primeira hora…
As casas de apostas desbordadas ante a incógnita do novo goberno de Rajoy
Ante as dúbidas que suscita a composición da nova equipa de goberno de Rajoy, as casas de apostas colpasan pola enorme cantidade de variables. As puxas online veñen de subir un incremento so comparábel a grandes citas deportivas como as finais da Champions League, mundial de fútbol ou sobre se a Bisbal fixo a cobra a…
Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa
Un veciño de Nigrán desmontou o dinoseto para tratar de levalo para a súa casa e que así puidera adornar o seu xardín. Veciños da zona vella de Vigo denunciaron onte que un home estaba a desmontar o emblemático dinoseto e subíndoo por pezas a un camión. Alarmados pola situación avisaron á policía que se personou…
