A cidade de Vigo alcanzou o segundo posto no ranking de cidades máis feas do estado español soamente por detrás de Parla.
Os esforzos do alcalde de Vigo poñendo dinosetos, televisións de plasma e barcos nas rotondas non surtiron o efecto desexado e víronse adiantados por Parla nesta estraña competición.
Abel Caballero xa anunciou que “esto no va a quedar así. El año que viene vamos a poner un gato de esos que mueve la mano en la rotonda de Plaza España y vamos a mandar los caballos esos a tomar por culo”.
A concellalía de urbanismo de Vigo tamén se sentiu decepcionada polo segundo posto. “Nos confiamos. Creímos que con lo del plasma lo teníamos todo hecho…”, indicaron pero xa anunciaron que para o ránking do ano que ven teñen preparadas varias sorpresas ademais do gato que move a man que anunciou o alcalde. “Rotondas con bolas de discoteca, neones de led y estatuas de peluche”, anunciaron.
Reaccións no resto do país
Xulio Ferreiro e Paco Vázquez non perderon a ocasión de rirse dos seus veciños do sur mentres canturreaban “Vigo no, Vigo no, Vigo no”.
Pola súa banda o colexio de arquitectos non dá creto a que non apareza O Carballiño no podio da lista. “Quizáis sexa porque é un portal turístico e ao Carballiño non vai nin cristo”, conclúen.