Sociedade

Un ourensán queixase de que en Samil hai demasiados vigueses


Estaba de vacacións e atopouse cun gran número de vigueses na praia.

Antoñito García colleu vacacións en agosto e decidiu, como tantos outros ourensáns, ir a Vigo a pasalas. Reservou un apartamento na cidade olívica e acudiu á praia de Samil. As vacacións remataron en lágrimas para Antoñito que comprobou que Vigo estaba cheo de vigueses e, Samil, pouco menos. “Os vigueses non poden ir veranear a outro lado?”, preguntou.

“Nunca antes fixera unha reclamación e tampouco me queixara xamais dunhas vacacións pero este ano foi un inferno”, indicou. “Esta xente non distingue o verbo ver e mirar e chámanlle Vitrasa a calquera autobús… E con iso puiden aguantar pero á oitava vez que estoitei pedir no bar unhas patatillas montei en cólera e decidín presentar unha reclamación en consumo”, espetou.

A axencia que lle alugou o piso recibiu aunhademanda e está a tratar de negociar unha solución amistosa co veraneante ourensán. A polémica tamén saltou ao Concello de Vigo xa que a reclamación foi posta na OMIC municipal e Abel Caballero xa fixo as súas primeiras declaracións ao respecto: “Vigo para os vigueses! Vigo first!”, exclamou dende un balcón da casa consistorial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.