Ciencia

Científicos recomendan mirar a iluminación de nadal de Vigo a través dunha radiografía


O anuncio de Abel Caballero da instalación das luces de nadal fai ser precavidos a ópticos e oftalmólogos.

 

O anuncio de Abel Caballero de instalar máis de nove millóns de lámpadas led e iluminar árbores, consistorio e rúas puxo en alerta a científicos e profesionais da medicina para evitar que a poboación da cidade olívica poida ter lesións nos seus ollos.

 
 

“Mirar fixamente a iluminación de nadal pode provocar desprendementos de retina e danos permanentes da córnea”, indicaron. “Recomendamos que a visión sexa indirecta ou a través de gafas especiais e se non se dispón delas a través dun cristal afumado ou dunha radiografía”, engadiron. “En calquera caso nunca se debe observar o fenómeno durante máis de tres segundo e, en ningún caso, superar os cinco”, recomendaron.

 

Abel Caballero, pola súa banda, non quixo entrar na polémica coa comunidade científica e amosouse entusiasmado porque a iluminación da cidade sexa comparada cun evento como unha eclipse solar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.