O PP asume o manifesto Nacho Vidal: Foderannos a todos

O manifesto de Nacho Vidal, actor porno e participante de reality shows televisivos, está a causar furor nas redes e na sede do Partido Popular. Segundo puido saber este medio, o partido liderado por Mariano Rajoy vai aproveitar o tirón mediático que está a ter nas redes sociais o manifesto que o actor de películas…

Lanzan o licor café 0,0

Abstemios sen outra cousa que facer anunciaron onte o lanzamento do licor café 0,0. O mundo das bebidas recibe unha nova innovación. Despois da cervexa que non é cervexa e o viño que non é viño, chega unha nova bebida. O licor café 0,0 que, por suposto, tampouco será licor café. Os inventores aseguran que…

Caballero aparece nun acto vestido cun chándal bolivariano de Vigo

O alcalde de Vigo sorprende a todo o mundo ao aparecer uniformado cual político bolivariano, co seu chándal da cidade. Abel Caballero non deixa de sorprender. Se primeiro foi o Alfageme na rotonda, e despois o Dinoseto, agora o rexidor vigués volve cunha nova idea en mente, a comercialización de chándals vigueses, para reivindicar a…

A Coruña e Santiago temen a chegada dunha praga bíblica

Ourense libraríase porque o seu rexedor acudiu á ofrenda deste domingo.  A negativa de Martiño Noriega e Xulio Ferreiro a non acudir á ofrenda ao Santísimo Sacramento pode espertar a ira divina. Así se manifestan varios sacerdotes consultados por esta redacción e que indican que deus podería volver ao seu carácter do antigo testamento debido a…

Abel Caballero coloca outro dinosaurio en Vigo

O seu amor polas cousas pleistocénicas podería ser obxecto dun estudo Abel Caballero colocou hoxe por sorpresa outro dinosaurio nunha rotonda ao que hai que sumar o colocado onte na rúa Rosalía de Castro. A teima que ten Abel Caballera con poñer cousas nas rotondas foi comentado por moitos veciñas e veciños da cidade olívica…

Jesús Vázquez novo sucesor de Mayra Gómez Kemp no 1, 2, 3

Unha productora estuda repoñer o programa co exconselleiro como presentador TVE podería volver a introducir na súa parrilla televisiva o exitoso programa dos oitenta ‘1, 2, 3’ e segundo se filtrou onte a equipa de cásting que está a organizar o plantel de artistas podería considerar a contratación de Jesús Vázquez, exconselleiro de Educación da…

O PP de Ourense contratará ás Mamachicho para os seus cartaces

O PP aproveita a polémica do seu cartaz electoral para conseguir notoriedade O comité provincial do Partido Popular en Ourense está encantado coa publicidade gratuíta que lle trouxo o seu cartaz electoral e continuará explotando a polémica para conseguir notoriedade para o seu candidato Jesús Vázquez. Encamarcada nesta estratexia figura a contratación das Mamachichos que…

Ikea fabricará mobles para igrexas despois do éxito de Muxía

A nova liña de mobles eclesiásticos podería estar lista en xuño Despois da presentación da restauración da igrexa da Virxe da Barca a multinacional sueca Ikea vai lanzar unha liña de mobles para igrexas para que se poida exportar o modelo utilizado en Muxía. O nome da nova liña aínda está por decidir pero xa houbo…

Prostíbulos lanzan un bono-desconto familiar para familias con dificultades económicas

‘A familia que vai unida de putas, permanece unida’, será o slogan Varios puticlubs do país van lanzar un bono familiar ás familias que, pola súa situación económica, non poidan permitirse seguir indo de putas. Outros establecementos van incluír áreas de bolas para que os nenos se entreteñan mentres seus proxenitores desfrutan dos distintos servizos. ‘Los chulos…

Feijoo celebrou en MontePío o seu propio domingo fareleiro

Feijóo disfrazado de Tony Montana(Al Pacino) en Scarface tería sido o mestre de cerimonias. O pasado domingo día 26 foi domingo fareleiro en Xinzo de Limia, e o presidente da Xunta de Galiza non quixo ser menos e festexar o seu propio domingo “fareleiro” acompañado do seu círculo máis achegados. A festa nocturna na residencia…