Invocan aos espíritos do mal nunha queimada e aparece Fraga

O macabro suceso aconteceu na vila do Cebreiro. O que se desenvolvía coma unha noite festiva entorno a un cocido, converteuse na noite do sábado nunha arrepiante historia co expresidente da Xunta de Galiza como protagonista. Os veciños e veciñas da vila compartían unha tarde festiva e sen sobresaltos ata que xa entrada a noite…

Un veciño de Bergantiños proxecta unha película porno a plena luz do día

Tralo éxito da xornada non descarta organizar un festival porno en Bergantiños, o “Pornotiños” Un veciño de Carballo, no municipio de Bergantiños, proxectou o sábado pasado unha película porno no xardín da súa casa, o cal da a unha rúa bastante transitada. Segundo informan algunhas das persoas presentes, a pouco de que comezase a mesma…

Légolas descobre grazas ao Corte Inglés que o seu pai é un elfo

“Eu pensei que o meu pai era normal pero non”, declarou Legolas tras o descubrimento. O bombardeo publicitario de El Corte Inglés posibilitou que Légolas, o heroe da Terra Media, descubrira que o seu pai era, en realidade, un elfo. Deste xeito, segundo explica o famoso arqueiro os dez intermedios e as 50 veces que…

Vox “Las Puentes”organiza un boicot para impedir que Sabela chegue ás finais de OT

Sabela Ramil, concursante de Operación Triunfo, escolleu unha canción de Rosa Cedrón con Cristina Pato ó piano, titulada “negro caravel”. A cantante é orixinaria do concello das Pontes, ónde conta cun forte apoio. Sen embargo, “Vox Las Puentes”, partido político de extrema-dereita, recén constituído neste municipio, non parece estar conforme coa imaxe que lanza Sabela…

Un ourensán queixase de que en Samil hai demasiados vigueses

Estaba de vacacións e atopouse cun gran número de vigueses na praia. Antoñito García colleu vacacións en agosto e decidiu, como tantos outros ourensáns, ir a Vigo a pasalas. Reservou un apartamento na cidade olívica e acudiu á praia de Samil. As vacacións remataron en lágrimas para Antoñito que comprobou que Vigo estaba cheo de…

CCOO, UGT e Alfonso Rueda convocarán manifestación conxuntas este 1º de maio

Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas. Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de…

Galicia Bilingüe denuncia que Miriam de OT impón o galego na academia.

A rapaza de Pontedeume volve á carga dando clases de fonética galega. Miriam volveu sorprender a todos espectadores dando unha clase maxistral de fonética a unha das mestras de canto, en concreto a Laura Andrés, técnica vogal da academia. No vídeo que só ten uns minutos pódeselle ver corrixindo a pronunciación da mestra, se ben…