Galicia Bilingüe denuncia que Miriam de OT impón o galego na academia.


A rapaza de Pontedeume volve á carga dando clases de fonética galega.

Miriam volveu sorprender a todos espectadores dando unha clase maxistral de fonética a unha das mestras de canto, en concreto a Laura Andrés, técnica vogal da academia.

No vídeo que só ten uns minutos pódeselle ver corrixindo a pronunciación da mestra, se ben todo aparece indicar que se trata dun corte dun vídeo moito máis longo que xa foi eliminado pola cadena española, TVE, onde se emite o programa.

Esta non sería a primeira vez que o programa censura a pontedeumesa, pois xa a semana pasada, TVE eliminou o seu vídeo cantando en galego, e incluso chegaron a amonestar a Miriam.

A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, comunicou hoxe mesmo en rolda de prensa que levará o tema á Valedora do Pobo. Así mesmo, xa iniciou os trámites para levar a RTVE ante o Tribunal Constitucional: “nos imponen el gallego”, denunciou.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.