Un funcionario será expedientado por permitir que a sopa chegara demasiado quente á boca da infanta.
A celebración do 50 aniversario del Rei encheu os medios e revistas de fotografías nunha campaña de imaxe sen precedentes. Pero foron moitas as persoas que se sorprenderon de que, a pesar de que todo estaba perfectamente estudiado e medido, puidera darse unha imaxe como a da infanta queimando a boca.
O encargado habitual soprarlle á sopa á infanta non podía aparecer nas cámaras para non dar unha imaxe elitista da monarquía. Fontes próximas á Zarzuela indicaron que “él ya sabía que no iba a salir en pantalla pero eso no es óbice para que no cumpliera con su trabajo. La sopa debía de estar soplada antes de la escena. Debe ser expedientado”.
Fontes próximas ao goberno tamén criticaron a actuación do funcionario e inforaron que podería intervir a fiscalía por un delito de inxurias á coroa e atentado á autoridade. “Y menos mal que no puso un tweet que si no le metemos prisión permanente revisable”, indicaron.
O soprador real é un funcionario do grupo A1, licenciado en Enxeñaría Aeroespacial, Física e cun máster en túneis de vento. Coñece á perfeccións ás leis da termodinámica e a súa experiencia permite rebaixar 2º celsius con cada soprido sendo capaz de apurar ata cuartos de grao utilizando oitavos de soprido.