Sociedade

Invocan aos espíritos do mal nunha queimada e aparece Fraga


O macabro suceso aconteceu na vila do Cebreiro.

O que se desenvolvía coma unha noite festiva entorno a un cocido, converteuse na noite do sábado nunha arrepiante historia co expresidente da Xunta de Galiza como protagonista.

Os veciños e veciñas da vila compartían unha tarde festiva e sen sobresaltos ata que xa entrada a noite deu paso ao conxuro da queimada. Contan persoas alí presentes que todo estaba a acontentecer con normalidade ata que chegados a un punto do conxuro, no que as forzas do mal son invocadas polo oficiante, estranas formas comezaron a aparecer de entre as lapas.

Segundo apuntan as veciñas, un forte cheiro a xofre inundou a estancia e nese momento puideron ver ao invitado con quen ninguén contaba aquela noite, ao defunto don Manuel Fraga Iribarne. Deste xeito a súa cara apareceu no lume, chegando a ser inmortalizado nunha imaxe que desde o día de onte se está viralizando nas redes sociais.

Non saben por que, pero o veciños intúen que esta volta de Fraga do máis alá ten connotacións políticas, e éque 11 anos despois da derrota de Don Manuel nas eleccións de 2009, todo parece indicar que isto pode volver a suceder, neste caso a Alberto Núñez Feijóo, e Fraga estaría tentando evitalo a toda costa. E se para iso se ten que aparecer, e ten que pedir o voto de novo, aparecerá.

2 thoughts on “Invocan aos espíritos do mal nunha queimada e aparece Fraga

  1. Sen ánimo de polemizar: “azufre” non existe en galego, “xofre” sería a palabra. Realmente a páxina é moi boa e se revisarades os textos antes de publicalos sería perfecta. Un saúdo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.