“Eu pensei que o meu pai era normal pero non”, declarou Legolas tras o descubrimento.
O bombardeo publicitario de El Corte Inglés posibilitou que Légolas, o heroe da Terra Media, descubrira que o seu pai era, en realidade, un elfo. Deste xeito, segundo explica o famoso arqueiro os dez intermedios e as 50 veces que botaron o anuncio mentres estaba vendo unha reposición do Retorno do Rei en Neox o que o fixo sospeitar.
“Nunca pensei en Thranduil coma un elfo. Fomos educados na diversidade e nunca me decatara de que o meu pai podía ser un elfo. Sabía que non era un hobbit porque non tiña os pés peludos pero nunca me parara a pensalo”, declarou Légolas aos nosos reporteiros. “Pensándoo ben anano non era porque era un tipo espigado de máis de dous metros pero era algo feo e iso quizais o achegaba máis a un orco”, engadiu.
“Despois están as cousas que te ensinan cando es neno e que despistan a hostia. Primeiro dinche que os nenos veñen de Rivendel e despois cando chegas ao colexio, os máis espabilados cóntanche otras cousas coma que todos saíramos do ojete de Saurón”, explicou. “Ademais deixei o colexio pronto porque o traballo na construción estaba ben pagado e cando estalou a burbulla xa me metin no da compañía do anel e tivemos máis batallas que os de En Marea e, claro, cando estás na loita non pensas moito en se o teu pai era un montaraz, un nazgul ou un elfo. Que lle pregunten a Villares que seguro en vez de pensar no seu pai seguro que se acorda bastante máis da nai de Martiño”.