Sabela Ramil, concursante de Operación Triunfo, escolleu unha canción de Rosa Cedrón con Cristina Pato ó piano, titulada “negro caravel”.
A cantante é orixinaria do concello das Pontes, ónde conta cun forte apoio. Sen embargo, “Vox Las Puentes”, partido político de extrema-dereita, recén constituído neste municipio, non parece estar conforme coa imaxe que lanza Sabela coa súa mera presencia en OT. Según fontes do partido “es vergonzoso que una chica puentense cante para la gran España en el dialecto de las vacas”.
As dúas persoas que conforman “Vox Las Puentes” mónstranse impactadas e escandalizadas pola elección da canción que é ademáis un poema versionado de Rosalía de Castro. Autora á que consideran extremadamente peligrosa polas súas letras “filofeministas y a favor del imperialismo gallego”
É por esta razón que a formación local trasladou as súas inquedanzas a Vox España e a necesidade de buscar a un concursante que se axustara ós requisitos do partido e así poder aupalo á final, aproveitando que son o partido de moda, tras entrar con forza en Andalucía.
Porén, o drama está servido, xa que parece que non hai ningún candidato á altura. E así o expresaba un simpatizante coruñés da formación “Tiene que ser un hombre porque nuestra formación es de hombres. Así que Sabela, Julia, Natalia y Alba descartadas. Además, las dos últimas son bisexuales, que no se lo que es, pero bueno ya te digo yo que bueno no”. Isto non tería que ser un inconvinte, dado que inda quedarían dous concursantes ós que apoiar “pero es que uno es negro y el otro catalán”, confesa este simpatizante entre lágrimas.
Será de coña esta información nonsí?
Penso que non convén bromear sobre cavernícolas dalgunha formación política,que o único que aporta é propaganda e sobrevaloración…Son chistes de humor neghro.
Grazas
É vergoñento que teñamos que ler semellante atropelo, porén, xa estamos ó tanto de saber que clase de basura teñen nesa formación. OS NAZIS DE VOX. VERGOÑA, a nosa ben DESEXADA ROSALÍA DE CASTRO!
Se fose certo, que non creo porque «las puentes » non existe
Se fose certo, que non creo porque «las puentes » non existe
Pero quen se atreve a escribir tanta porcallada
O vergonzoso é que esta información é falsa non, o seguinte… no mundo no que vivimos a ninguén se lle ocorre decir semellantes estupideces. Nin o mais radical porque xa quedaría practicamente sen ningún apoio a este tipo de declaracións nun programa musical… asi contrastade a información. E vox é un partido votado por xente. Deixade a borregacia e sentido común!!
Sabes que tempos galegos é unha páxina de humor satírico, non?