Sospeitan que Felipe González teña rexistrado o x.gal

A recente compra do dominio por parte de alguén levanta as sospeitas de que o expresidente español ou o seu equipo o tivera mercado. Os Grupos Antiterroristas de Liberación máis coñecidos como GAL, desapareceron das portadas dos xornais a principios dos anos 90, pero presuntamente seguen mantendo viva a súa cerna como se demostra cos…

Lanzan un manifesto a favor da división da esquerda

O manifesto asinado de xeito simbólico por 100 persoas pretende abrir o debate sobre a presentación de candidaturas ás xerais de calquera xeito. “O cambio político en Galicia e no Estado non é posible”. É unha das ideas das que parte o manifesto do Encontro Cidadán para ir por separado, o colectivo que dende mediados do…

O BNG expulsará aos militantes que usen o español no Twitter

A organización nacionalista revisará os Timeline dos seus militantes en busca de “esquirois españolistas”. Despois da polémica co concelleiro madrileño Guillermo Zapata, membro da formación Ahora Madrid e compañeiro de corporación de Manuela Carmena, o BNG decide poñerse as pilas e depurar militantes para “protexer” o seu futuro. Nun comunicado emitido na súa web o BNG…

López Orozco marcha “porque ten que marchar”

O alcalde de Lugo deixa o seu cargo pensando en afeitarse ou non a barba. O alcalde de Lugo desde 1999, e primeiro alcalde socialista da cidade, José Clemente López Orozco anuncia a súa renuncia a acta de concelleiro, e por tanto de alcalde da cidade despois da presión dos grupos hippies de LugoNovo e…

O Goberno asubirará antes dos programas de Arguiñano e Buenafuente

O executivo anuncia as primeiras medidas despois da pitada do Camp Nou na final da Copa do Rei. As pimeiras reaccións por parte do goberno español ao ocurrido na final de Copa do Rei do pasado fin de semana non se fixeron esperar e o executivo de Mariano Rajoy baralla unha serie de medidas que serán…

Jácome asegura que se non é alcalde irase a Madrid a disputar o reinado

O líder  carismático de Democaracia Ourensana, e gran vencedor das útlimas eleccións municipais, asegura ter grandes retos por diante.  Gonzalo Jácome convertíase na noite do domingo no gran gañador e heroe da xornada ao conseguir 8 concelleiros no Concello de Ourense, tan só 2 menos que o PartidoPopular de Jesús Vázquez. Esta subida desde os 2 aos…

Feijóo aparece cun traxe de buzo na Moncloa

Núñez Feijóo tratou de enviar así un mensaxe subliminal ao presidente do goberno estatal, Mariano Rajoy. O presidente da Xunta de Galiza apareceu na mañá deste luns 25 de maio na moncloa uniformado cun traxe de buzo, enclara referencia a como tivo como sobrevivir na pasa da xornada electoral do domingo. O uniforme completo de…

O Colexio de Xornalistas propón debates a ostias entre os candidatos

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza lanza un comunicado no que propón aos candidatos á alcaldía das 7 grandes cidades a debater a ostias. Nun comunicado publicado na mañá de hoxe o CPXG facilita unha serie de termos sobre os que se poderían desenvolver ditos os debates, dependendo cada un deles da cidade e…

O PSOE de Vigo presenta unha lista plural que acolle a todas as sensibilidades

O PSdeG-PSOE de Vigo presentará unha lista electoral que recolle todas as sensibilidades do partido Despois das interminables batallas internas dentro do PSOE vigués a dirección conseguiu pacificar a organización e presentará, nestas municipais, unha lista plurar e que recolla todas as sensibilidades do partido. Deste xeito todos os postos da lista van ser ocupados…