Política

O PP de Vila de Cruces presentará una cabra como Nº 1 da súa lista electoral para as municipais


Segundo acaba de confirmar a Xunta Electoral de Zona da comarca do Deza a Cabra Balbina será a número un da candidatura popular ás eleccións municipais en Vila de Cruces.

A cabra Balbina dirixíndose aos seus acólitos.

A cabra Balbina dirixíndose aos seus acólitos.

Parece ser que esta elección causou un grande rebumbio e malestar no seo da agrupación, non porque pensen que Balbina non está á altura do cargo, xa que como informaba o seu responsable local “dá igual a quen poñamos que total vótannos igual”, senón porque gran parte dos afiliados preferían que o posto recaese no Galo de Curral.

Tal e como lle confirmou a este xornal o responsable de confeccionar as listas do PP local “Houbo que descartar ó Galo de Curral por cuestións de axustes de xénero, xa que precisábamos que o número un da lista fose unha muller”. En palabras deste mesmo responsable puidemos saber que “a dirección do partido si valorou a opción de por como número dous a unha galiña celta, pero non sabemos porque motivo o actual alcalde dixo que por iso si que non pasaba”.

Aproveitando a súa comparecencia pública, o responsable local quixo deixar quedar en evidencia á oposición afirmando que “levan meses dicindo e asegurando que íamos presentar un burro para alcalde, e espero que agora rectifiquen e admitan que confundiron un equino cun caprino coa intención de enganar aos veciños”.

A nosa redacción no Deza tratou de facer unha enquisa de valoración entre as xentes do concello de Vila de Cruces pero os preto de 900 veciños entrevistados ó chou afirmaron na súa totalidade que “Ai! Eu non sei nada que a eses nunca lles votei”

Artigo redactado por José Guarrón e enviado á nosa redacción no temposgalegos@gmail.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.