Política

Jácome asegura que se non é alcalde irase a Madrid a disputar o reinado


O líder  carismático de Democaracia Ourensana, e gran vencedor das útlimas eleccións municipais, asegura ter grandes retos por diante. 

Gonzálo Jácome co puo en alto.

Gonzálo Jácome co puño en alto.

Gonzalo Jácome convertíase na noite do domingo no gran gañador e heroe da xornada ao conseguir 8 concelleiros no Concello de Ourense, tan só 2 menos que o PartidoPopular de Jesús Vázquez. Esta subida desde os 2 aos 8 concelleiro poría en disposición de ostentar unha posíbel alcadía en caso de conseguir pactar co PP, co PSOE ou incluso coa marea ourensá, Ourense en Común.

Nunha entrevista pactada nun coñecido xornal, o ‘alcalde in péctore’ aseguraba o seu convencemento en ser nomeado rexidor, aínda que ao mesmo tempo manifestaba a súa nula preocupación de non chegar a selo, posto que a súa ambición vai máis alá das catro paredes que conforman o consistorio ourensán. Gonzalo Jácome aseguraba así que o seu futuro, en caso de non convertirse en alcalde, podería estar ligado á Coroa, e presentaríase como “sucesor de don Filipe IV, pola gracia de Deus”.

O interese de Jácome polo ascenso, tanto social como político, levaríao a pretender disputar a Coroa de España a actual familia dos Borbóns, podendo chegar a darse o caso dun posíbel pacto con forzas rupturistas como Anova ou AGE, as cales comparten un ideario de quebra coa propia Restauración Borbónica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.