Política

Lanzan un manifesto a favor da división da esquerda


O manifesto asinado de xeito simbólico por 100 persoas pretende abrir o debate sobre a presentación de candidaturas ás xerais de calquera xeito.

division esquerda“O cambio político en Galicia e no Estado non é posible”. É unha das ideas das que parte o manifesto do Encontro Cidadán para ir por separado, o colectivo que dende mediados do mes pasado vén traballando nunha proposta a prol da conformación de candidaturas tanto para as eleccións xerais deste ano como para as galegas de 2016.

Coa intención de que “os partidos da esquerda volvan a retomar o protagonismo” este movemento vén de facer público o seu manifesto xunto ás 100 primeiras sinaturas como mostra de “simbólico” apoio e abre a porta a recibir as adhesións de todas as persoas e organizacións que o desexen.

Os asinantes deste manifesto ven necesario o empoderamento político dos partidos da esquerda, mermados nos últimos comicios por pactos “antinatura” e mistura entre entes cidadanistas. “É a hora da esquerda, é a hora do marxismo” afirma o manifesto que leva entre os seus asinantes a políticos da talla de Paco Rodríguez, pensador da UPG, ou membros críticos da dirección de Anova.

O manifesto que pretende ser un rascuño base para unha aproximación á teorizacións isolacionanistas desde o punto partidario poderá ser enmendado durante o mes de xullo e será lanzada a campaña oficial nas redes partires do mes de agosto.

“A cidadanía non está formada, e non é capaz de xestionar os procesos de liberación e emancipación nacional que Galiza precisa, non queremos grupos parlamentares nun Congreso español, non estamos para repartir migallas, preferimos que cada un acade o que lle corresponda en base a súa implantación política e social” remata o manifesto.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s