Vence encabeza unha lista na que tamén figuran ver a outros persoeiros nacionalistas como Olaia Fernández Dávila, Alberte Mera, Néstor Rego ou Francisco Jorquera.
As candidaturas as próximas municipais do próximo mes de maio de 2015 foron publicadas nos BOPs das respectivas provincias e entre elas podemos atopar distintas sorpresas. Unha delas e cecais a mais chamativa é a da lista do BNG composta no concello ourensán de Avión.
Diversas especulacións apuntan a que o BNG querería buscar un aproximamamento ao círculo de confianza do multimillonario Carlos Slim e buscar nel a financiación que quite da quebra a formación nacionalista, cunha débeda actual de máis de 4 milóns de euros.
Con tan só 3 militantes do propio concello Xavier Vence lidera unha lista que pecha o parlamentario galego Francisco Jorquera Caselas e que conta entre outros coa presenza do secretario xeral da UPG, Néstor Rego ou do secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera.

Candidatiura do BNG ao Concello de Avión.
A incapacidade do BNG nos últimos anos de achegarse aos multimillonarios ourensáns fan que o Bloque poña toda a carne no asador e envíe ao seu secretario xeral, catedrático en económicas, a buscar o diñeiro que precisan para continuar coa súa labor política.
Os millonarios de Avión sorprendidos aseguraban que non queren tratos con comunistas, e que, se aínda fose con xente de ben como Anxo Quintana, o cal si sabía relacionarse con xente como deus manda, aínda habería algo que falar.
Será o tempo quen poña a cadaquén no seu lugar e nos desvelen o avance dos acontecementos.