Núñez Feijóo tratou de enviar así un mensaxe subliminal ao presidente do goberno estatal, Mariano Rajoy.

Feijóo ao remate da xornada electoral.
O presidente da Xunta de Galiza apareceu na mañá deste luns 25 de maio na moncloa uniformado cun traxe de buzo, enclara referencia a como tivo como sobrevivir na pasa da xornada electoral do domingo.
O uniforme completo de buceador podería proceder das excursións co seu vello amigo Marcial Dorado, o cal le tería prestado dito atuendo en deferencia a súa amizade.
Feijóo quixo así explicitar de xeito indirecto a súa supervivencia ás mareas que asolagaron as principais vilas e cidades na xornada de eleccións municipais deste 24 de maio, nas cales, a pesar de perder unha gran cantidade de votos, o PP galego se mantén como partido máis votado do país. Deste xeito Núñez pon en valo a súa capacidade ao fronte dos populares galegos e explicita a súa candidatura a presidir o partido no ámbito estatal, incluso a desbancar ao actual presidente, Mariano Rajoy, como candidato ás próximas xerais de fin de ano.
Rajoy, preguntado pola prensa, afirmou que os buzos son persoas que traballan no mar, deixando así sorprendidos aos periodistas de La Gaceta e La Razón, ante a demostración de intelixencia do xefe do estado.