O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza lanza un comunicado no que propón aos candidatos á alcaldía das 7 grandes cidades a debater a ostias.

Carlos Negreira preparando os debates.
Nun comunicado publicado na mañá de hoxe o CPXG facilita unha serie de termos sobre os que se poderían desenvolver ditos os debates, dependendo cada un deles da cidade e do número de candidatos.
Deste xeito as loitas deberán ser sen armas e tan so será permitido o uso de armaduras ou escudos en caso de que algún dos candidatos sufra algunha deficiencia, medida que a priori tan so beneficiaría a Carlos Negreira en A Coruña e a Gonzalo P. Jácome en Ourense.
Os gañadores de ditos combates, se ben legalmente non poderán ser embestidos alcalde, a morte dos seus contrincantes facilitaría o seu acceso aos concellos.
A día de hoxe as cidades que levan a dianteira na organización destes eventos sería Pontevedra e A Coruña, as cales facilitaría o uso das súas prazas de touros para a celebración de ditos eventos. Todo apunta a que Vigo podería celebrar a súa loita no estadio de Travesas, e Compostela apostaría pola Cidade da Cultura.
As primeiras críticas proveñen do popular Agustín Hernández, preocupado por a circunstancia de que o número 1 da candidatura cidadá Compostela Aberta poida usar a súa gorra para atacar ao resto de contrincantes.
Por outra banda, diferentes mareas e candidaturas propoñen que os debates a ostias sexan máis participativos permitindo ao público lanzar obxetos aos candidatos e que estes poidan usalos como “argumentos”.