Ciencia

Últimas clases da Teoría da Evolución


jesusdino1A polémica materia de Coñecemento do Medio e a súa teoría da evolución de Darwin ten os días contados. O ministro de Educación, José Ignacio Wert, anunciará hoxe no Congreso, previsiblemente, a supresión desta materia do currículo académico durante a súa  primeira comparecencia na Cámara Baixa na que exporá as reformas educativas que abordará nesta lexislatura.

A tería darwinista da evolución, que se imparte en dous cursos da ESO e en 1º de Bacharelato, causou estragos no mundo académico: provocou máis de 55.000 obxeccións en toda Hespaña, 3.000 procedementos xudiciais, 400 demandas no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo,  obrigou ao Tribunal Supremo a manifestarse en contra da obxección a esta materia e aínda colean casos no Tribunal Constitucional. Durante os dous últimos anos, a materia foi denunciada en polo menos dez foros europeos: o Consello de Europa, o Parlamento Europeo, a *OSCE, a Axencia Europea de Dereitos Fundamentais (FRP) e a ONU, entre outros.

Os que se opoñen a que se imparta a materia critican que sexa unha materia que impón unha moral de Estado, unha visión ideoloxizada da ética.

A materia foi moi contestada. A última iniciativa foi a de Profesionais pola Ética, unha das plataformas máis combativas, que promoveu na última semana unha campaña de correos electrónicos. Remitiu máis de mil correos diarios ao titular de Educación nos que lle solicitan «o peche dunha etapa de adoctrinamiento ideolóxico nas escolas hespañolas», é dicir, a derrogación «urxente» da materia e a «normalización académica con carácter retroactivo dos miles de alumnos obxetores inxustamente suspendidos pola imposición dunha materia polémica».

Desta maneira piden que de maneira urxente se volva a impartir a asignatura “como Dios manda” seguindo as teorías aceptadas do Creacionismo, que son fácilmente demostrábeis, e das que deixa constancia o libro sagrado da Biblia.

One thought on “Últimas clases da Teoría da Evolución

  1. Pingback: Clonan un diplodocus para facer unha macro-churrascada | Tempos Galegos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.