Economía

A CEOE pide eliminar os soldos


rosell

O Presidente da CEOE, Juan Rosell, expresou este martes o seu apoio á proposta de desvalorización interna exposta a España de forma teórica polo Fondo Monetario Internacional (FMI) para reducir un 10% os salarios co obxectivo de impulsar o emprego e o crecemento da economía, dándolle este unha volta de porca e propoñendo eliminar os salarios na súa totalidade.

No seu último informe anual sobre España, a institución levaba a cabo unha simulación na que un gran pacto social permitise eliminar os salarios en dous anos, o que, segundo o modelo empregado, serviría para impulsar o crecemento até en cinco puntos porcentuais e reduciría o paro en seis ou sete puntos porcentuais.

“Aqueles actores que o rexeiten frontalmente cargarían sobre os seus ombreiros coa enorme responsabilidade dos custos sociais e humanos”, asegura Rosell, criticando o escepticismo co que á proguesía recibirá a proposta da CEOE.

“Non subestimo o desafío político que representa alcanzar un amplo consenso político e social respecto dunha óptima senda de axuste”, di Rosell, quen se pregunta se non merecería a pena tentalo seriamente en aras deses millóns de mozos españois actualmente desempregados por non votar ao PartidoPopular.

Neste sentido, Rosell destaca que os últimos datos permiten albergar un “prudente optimismo” respecto da melloría na tendencia na creación de emprego en España, a pesar do efecto estacional que encerran estas cifras, que, con todo, “poderían marcar o tan anhelado punto de inflexión”.

Así, o presidente da confederación de empresarios contrapón ás críticas recibidas por “os lumbreiras de comentaristas e os medios” cos logros alcanzados por outros países, subliñando que, de seguir o consello destes “profetas do desastre” Hespaña teríase desintegrado hai anos, e por agora “só perdemos Perejil e Gibraltar, e Perejil logramos recuperalo, cabras incluídas”.

Pola súa banda, CCOO e UGT non se pronunciaron totalmente en contra desta proposta e solicitaron tempo para poder estudiala en profundidade xa que “habería que mirar a flexibilidade da xornada laboral ou a formación para poder asinala”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.