Sociedade

Os músculos de Aznar, resultado de múltiples operacións cirúrxicas


Aznar_muscles_360José María Aznar luce unha impresionante figura que o converte nun dos homes máis desexadas do planeta e agora, grazas á revista Life&Style e a unha fonte que contactou coa publicación, sabemos que o seu espectacular torso non é froito unicamente do traballo duro no ximnasio.

Segundo o citado medio o expolítico e empresario español, que foi presidente do Goberno Hespañol dende o 1996 ao 2004, someteuse a unha operación estética para manter o seu torso en perfecta forma.

Ao parecer a operación consiste basicamente nunha liposucción na zona do abdome e, tras esta intervención, o médico recoloca mediante unha abdominoplastia e un implante pectoral as protesis que fan que luza ese esbelto corpo.

A mencionada revista contactou con Michelle Copeland, cirurxá plástica, para contrastar as declaracións da fonte que revelou este segredo de beleza de Aznar. Segundo as palabras desta profesional: Definitivamente parece que José Mari esculpiu o seu corpo a base de bisturí.

Sexa como for o modo en que este conseguiu o seu belo corpo, nas imaxes que o propio José Mari publica a través dos seus perfís nas redes sociais aparece incriblemente sexy lucindo sedutores bañadores ou traxes que realzan a súa impoñente beleza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.