Cultura

Atopan un asentamento de enchufados nos sotos da Deputación de Ourense


caveman

Un grupo de arqueólogos acaba de facer un descubrimento antropolóxico novedoso nos sotos da Deputación de Ourense. Trátase dun asentamento de enchufados que vivían alí dende tempos ignotos.

A comunidade científica está abraiada porque non tiveron contacto humano e as súas costumes aínda non están contaminadas polos resortes da transición. A equipa científica esfórzase por localizar lingüistas que falen o barallete, lingua orixinaria de Nogueira de Ramuín, para poder comunicarse con eles.

Alcaldes, concelleiros e deputados están a ser tratados por unha equipa especializada de psicólogos para asimilar a alegría de atoparse con parentes que crían desaparecidos.

Un alcalde que solicita permanecer no anonimato declarou que “pensei que se quedara en Suiza cando foi ingresar os cartos das comisións… pero non, é un alegría volvelo a ter con nós. Vouno censar inmediatamente”.

Os primeiros avances dos antropólogos concluíron que puideron sobrevivir grazas ao canibalismo. Parece que a facción de Alianza Popular diezmou a poboación da facción autodenominada Centristas de Galicia.

Dende Carnelao rexeitan que estes primitivos aboríxenes, a pesar de comer carne, poidan ser chamados carnelaos: “Os centristas eran uns españoleiros! Non foron, pois, galeguívoros senón españolívoros”. Dende Vegalao polemizan dicindo que “aínda que caciques os de centristas de galicia eran galegos e, como producto galego, deben considerarse vegalaos xa que os centristas xunto cos de Coalición Galega eran algo berzas”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.