Sucesos

Deteñen o tendeiro que lle vendeu o pan a nai dun etarra


avogada_hellraiserO Ministerio do Interior difundiu hoxe por twitter unha operación na que se detivo a cúpula dunha tenda de ultramarinos.

Segundo puido averigüar este xornal o tendeiro e propietario da tenda vendíalle o pan todos os días a nai dun membro de Eta condenado por diversos atentados.

Fontes policiais indicaron que o pan foi utilizado para facer un bocadillo para o seu fillo, condenado por pertenza a banda terrorista, e levarllo á cadea. Fontes do ministerio indicaron que, ademais de vender pa,n o tendeiro vendía produtos abertzales como txacolí e txistorra.

O grupo de investigación da Guardia Civil, composto por máis de 100 axentes, indicou que incluso lle chegou a facer bocadillos de chourizo aos ionquis do barrio e que, en actitude anticapitalista, non lles cobraba porque, segundo as declaracións do propio tendeiro, ‘lles daban pena’.

A investigación segue aberta e non se descartan novas detencións. Dende o Ministerio indican que está punto de caer o fontaneiro que lle cambiou a instalación da auga na casa da señora e propietaria da mercería onde compraba os calzoncillos abanderado que regalou este nadal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.