A torre de Hércules, símbolo fálico por antonomasia convértese en protagonista dun novo filme pornográfico galego. Un portal de internet para adultos colgou recentemente un fotomontaxe realizado coas capturas do vídeo onde se poden ver varias imaxes de sexo explícito entre dúas mulleres e un home preto do famoso faro. A película, titulada “A torre…
Autor: TemposGalegos
Ante os temores de secesión de Vigo, Ourense reclamará dereitos sobre a Praia de Samil
Despois das últimas novas que vinculan o futuro de Vigo á consulta popular, e ante as posibilidades reais de que a cidade olívica se anexione a República de Portugal, Ourense iniciará os trámites para reclamar os dereitos adquiridos sobre a praia de Samil. A praia de Samil, ubicada na costa viguesa é o enclave turístico…
Vigo pedirá en referendo a adhesión a Portugal
Polo menos douscentos cincuenta mil vigueses están chamados ás urnas para decidir en referendo o futuro da cidade de Vigo. Despois de anos de rumores e difamacións acerca da procedencia e nacionalidade dos habitantes vigueses, o levantamento popular das clases lusistas da cidade, fará posíbel este pronuciamento. As opción que se presentarán en dito referendo…
A policía disparará ovos de chocolate en vez de pelotas de goma
Nun comunicado feito público esta mañá o Ministerio do Interior daba a coñecer a estratexia de contención de masa para os próximos anos e que irá fortemente vinculada a próxima Lei de Seguridade Cidadá ou Lei Mordaza. Xa o pasado mércores forzas do orde da Policía Española ensaiaban esta nova balística antirepresiva, contra os mariñeiros…
Ikea esíxelle a Jesús Vázquez que deixe de utilizar as súas rollas de cociña como bufandas
A multinacional sueca solicitou formalmente ao Conselleiro de Cultura e Educación que deixara de utilizar a súa liña textil de cociña como complementos de moda. O anuncio foi realizado mediante unha escueta nota de prensa que emitiu a empresa e na que simplemente se informaba de que lle fixeran chegar un burofax ao conselleiro para…
A Xunta venderá en eBay parte do CHUVI
Anunciouno a conselleira de Sanidade nun simposio sobre Privatización 2.0 Onte clausurouse un novo simposio para cargos populares que impartiu as FAES. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia amosouse entusiasmada pola charla e xa acordou co presidente a privatización de parte da sanidade a través da internet. ‘Escollimos eBay por se unha plataforma…
Roberto Carlos é presentado como novo xogador do Rápido de Bouzas.
Roberto Carlos da Silva, foi presentado como novo xogador do Rápido de Bouzas ante multitude de medios e algúns afeccionados curiosos que non quixeron perderse o evento. Na súa presentación afirmou que “é o máximo” ao que pode aspirar un xogador de fútbol aos seus anos e que espera gañar algún título, polo menos municipal,…
A EGAP realizará un curso de Whatsapp para altos cargos da Xunta
A administración autonómica tomou a decisión despois de que moitos dos seus altos cargos non entendan os emoticonos que lle manda a xente. A EGAP ofrecerá un curso sobre Whatsapp aos altos cargos da Administración da Xunta de Galicia. O máximo órgano de formación da administración galega viuno necesario despois de comprobar que ampla maioría…
Feijoo anuncia a construción dun flotel de porcelana en Sargadelos
Feijoo anuncia a medida pouco despois de coñecerse a suspensión de pagos da histórica fábrica de cerámicas. A medida anunciouse na habitual comparecencia do presidente despois do Consello da Xunta deste xoves. Nela Feijoo anunciou aos medios que ían tratan de salvar Sargadelos mediante un acordo cunha petroleira mexicana que construirá un flotel de porcelana…
Os lingotes de ouro atopados na casa de Conde Roa poderían pertencer ao mausoleo de Fraga
A xuíz Pilar de Lara, deixaba constancia das dúbidas de procendencia que se lle presentaban no propio sumario do caso Pokemon. Despois de saír á luz que os axentes da Vixilancia Aduaneira requisaran 4 lingotes de ouro na casa de Gerardo Conde Roa durante o rexistro que practicaron na mesma dentro do marco da Operación…
Loctite arranxará a Pedra de Abalar
Os enxeñeiros da empresa Loctite asumiron o reto de reparar o maltreito emblema de Muxía: a Pedra de Abalar. O popular pedrolo rompeu en catro ocasiones durante os últimos anos. A penúltima vez foi en 2005, despois de que unha empresa unise as dúas partes con resinas especiais e grapas de aceiro. De nada serviu….
[Especial Entroido] O exalcalde de Ourense difrazouse de Rolex
Nun novo roubado das nosas reporteiras deixámosvos, en primicia mundial, a fotografía de Francisco Rodríguez disfrazado de Rolex
