Nun comunicado feito público esta mañá o Ministerio do Interior daba a coñecer a estratexia de contención de masa para os próximos anos e que irá fortemente vinculada a próxima Lei de Seguridade Cidadá ou Lei Mordaza.
Xa o pasado mércores forzas do orde da Policía Española ensaiaban esta nova balística antirepresiva, contra os mariñeiros do Cerco que protestaban ás portas do Parlamento Galego, afirmando máis tarde, por parte dos axentes, a súa efectividade.

Algúns dos ovos disparados o pasado mércores diante do Parlamento
No comunicado enviado aos medios, o ministro Jorge Fernández Díaz expón os motivos desta renovación e centra a atención no feito de que as “pelotas de goma utilizadas ate o de agora xa non son efectivas” e a súa substitución por ovos de chocolate será un grande paso no mundo dos antidisturbios e un gran avance á hora de conter as masas “dunha maneira máis dulce”.
Os ovos de chocolate, ademais de impactar contra os manifestantes facendoos retroceder, fará que estes se entreteñan comendo os restos de chocolate ou simplemente limpadoos das súas vestimentas.
Jorge Fernández aventurase a dicir que será un “éxito, na medida en que os manifestantes sigan a ser uns mortos de fame como ate o de agora”.
Xa por outra banda, o informe anexo ao comunicado mostra que a fábrica encargada de realizar os ovos represivos será a empresa Valor, ubicada en Villajoyosa, Alicante e serán tres os modelos a producir dependendo do tipo de manifestación nos que se usen.
Brancos, preventivos para todo tipo de actos con baixo risco de escaramuza.
Chocolate Negro, máis duros e resistentes para cargas rápidas.
Chocolate con leite, para manifestacións pacíficas e numerosas que tornan en violentas.
Na Galiza, Feijoo xa anunciou que procedería a mercar armamento similar ao resto do Estado para os corpos de seguridade autonómicos e locais. Explicou así que estaba a ser estudada unha interesante oferta de chocolates Chaparro e que nos próximos días habería máis información ao respecto.