A multinacional sueca solicitou formalmente ao Conselleiro de Cultura e Educación que deixara de utilizar a súa liña textil de cociña como complementos de moda.
O anuncio foi realizado mediante unha escueta nota de prensa que emitiu a empresa e na que simplemente se informaba de que lle fixeran chegar un burofax ao conselleiro para que deixara de utilizar os seus panos de cociña como complementos de moda cando acude a actos oficiais.
Pola súa banda Jesús Vázquez declinou facer declaracións ao respecto e amosouse estrañado polo sucedido. ‘As relacións da Xunta con Ikea son excelentes’. ‘Houbo conversas incluso para fabricar floteles modulares’, engadiu.
Pingback: Ikea esíxelle a Jesús Vázquez que deixe de utilizar as súas rollas de cociña como bufandas