A torre de Hércules, símbolo fálico por antonomasia convértese en protagonista dun novo filme pornográfico galego.

Escea da película “A torre de Hércules”
Un portal de internet para adultos colgou recentemente un fotomontaxe realizado coas capturas do vídeo onde se poden ver varias imaxes de sexo explícito entre dúas mulleres e un home preto do famoso faro. A película, titulada “A torre de Hércules” está protagonizada por dúas novas “promesas do porno galego” chamadas Alberto Nuñez Cipote e Paula Rabo, informa O Correo Galego, onde se engade que o proxecto se rodou en diferentes tomas dentro e fora do faro.
A torre de Hércules converteuse así no escenario da rodaxe dunha película de contido pornográfico. A película contaría a vida de Hércules, un rapaz que fala Koruño e que agocha un gran misterio entre as pernas. O seu director, e produtor, explicaba os pormenores desta rodaxe: “O que non nos esperabamos é que este símbolo fálico, coñecido internacionalmente, puidese ofrecer un efecto tan afrodisíaco para o actores e actrices que, sen dubidalo un instante, ao escoitar ao fondo as olas do mar, comezaron a montar no medio das escaleiras”.
Desde o concello mostraron o descoñecemento da existencia desta película. Así, a concelleira de Seguridade Cidadá no municipio galego, manifestou que “non concedemos ningunha autorización” á vez que afirmou “non ter ningunha constancia” respecto diso, nin para participar, nin para ver, nin para gravar alí, polo que existe a posibilidade que se trate dunha “película de izquierdosos”.
Pola súa banda, un dos actores que participaron no vídeo, Alfonso Verga, asegurou que foi “unha improvisación”. Segundo dixo, “entrounos o calentón e, aínda que non tiñamos luz, apetecíanos, sacamos as chorras, a cámara e fixémolo”.