Baltar farase co Trono de Ferro na cuarta tempada de Xogo de Tronos

O cacique ourensán pugnará polo Trono de Ferro na prestixiosa serie da HBO e conseguirao grazas ao reparto de postos de traballo en Desembarco do Rei. Segundo transcendeu nas rede Baltar aparecerá na cuarta tempada de Xogo de Tronos a través dun novo reino en conflito “Ourensalia” que se fará cos 7 reinos en clara…

O atropelo e fuga de Aguirre, parte dunha promo viral

O accidente de Esperanza Aguirre podería ser una montaxe viral para o lanzamento do seu novo videoxogo, ambientado en Madrid. Esta tarde saltaba a noticia do presunto accidente de Esperanza Aguirre, no que tería arollado a un policía e a súa moto ao tentar escapar mentres lle puñan unha multa por aparcar no carril Bus….

THE CORUÑA: Novo topónimo da cidade herculina

Negreira proporá no Concello o cambio do topónimo por THE CORUÑA, para rematar coa dicotomía A Coruña/La Coruña. Así o anunciaba esta mañá na sede do partido da cidade herculina. O cambio de topónimo da cidade por The Coruña, esta era a gran novidade introducidade de cara o próximo pleno, e que Carlos Negreira anunciaba…

Nace a Plataforma pola Abdominal Única

Onte constituiuse a Plataforma pola Abdominal Única que, segundo palabras dos voceiros da organización, nace para alertar do andazo de malformacións na barriga que se están a producir nos últimos tempos. Na rolda da prensa aportaron datos como que as “pluriabdominales”, como eles as denominan, contraveñen a física cuántica xa que non se está a transformar…

Paula Prado tómase con humor a súa relación coa trama ‘POKEMON’

A parlamentaria galega colga no twitter una imaxe súa, disfrazada de Pikachu. A pasada semana a Portavoz do Partido Popular no Parlamento galego voltaba á palestra mediática polas conversas mantidas co concelleiro compostelán Ángel Espadas dentro do marco das escoitas da operación Pokemon, que quedaron liberadas pola xuíz De Lara. «Paula [Prado] di que Gerardo…

Roxos e separatistas empobrécense adrede para fastidiar ao goberno

Segundo publica a Fundación FAES habería centos de miles de “rojos y separatistas” que se “empobrecerían a propósito” para deslixitimar as cifras macroeconómicas do Goberno do PP coa intención de romper España. O informe califica de “polpotista” a Caritas, ONG católica, que a pasada semana publicou un informe que puña en cuestión a recuperación económica no estado…

O Ministerio do Interior podería usar o Gaiás como “manifestódromo”

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, manifestou onte que estaría “muy atinado” limitar o dereito constitucional á manifestación a “un lugar específico”. Esta palabras foron rapidamente escoitadas polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e apresurouse a ofrecer o Gaiás como un lugar idóneo. “Lembro que cando estaba no goberno da Xunta non…

O Telexornal Mediodía cambirá a súa sintonía polo himno do PP

O consello da corporación da Radio e Televisión de Galicia acaba de informar de que cambiará a sintonía de inicio do Telexornal Mediodía e que a sintonía elixida será o himno do Partido Popular. A gravación correrá a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nunha representación que recorda ás multitudinarias congregacións de…

Mario López Rico, un novo referente do 15M na Coruña

Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e expolítico galego. Aos seus 65 anos, despois dunha longa vida na política galega, sempre ao lado do histórico dirixente, Xose Manuel Beiras Torrado, Mario López Rico ou “El Pitbull de la Coru”, como gosta de chamarse emprende una nova viaxe dentro dos movementos…

Enerxía Galega + ficha a Lendoiro como asesor técnico para o seu consello directivo

A nova empresa distribuidora de enerxía eléctrica galega, súmase ao carro dos asesores de renome coa incorporación do expresidente do Deportivo da Coruña. Despois de deixar atrás anos como presidente do clube de fútbol galego, Augusto César Lendoiro mostrábase moi contento ante esta nova oportunidade que se lle presenta.“É para min unha honra formar parte…

Atopan de maneira consecutiva dous pementos de Padrón que pican

Un feito insólito ocorrido este pasado fin de semana na contorna da vila natal de Rosalía, Padrón. Dous turistas madrileños que probaban as bondades e sabores dos ilustres pementos da vila, daban conta do sucedido, do que aínda non daba creto. Dous pementos de Padrón consecutivos picaban. Non é a primeira vez que ocorre algo…