Anunciouno a conselleira de Sanidade nun simposio sobre Privatización 2.0
Onte clausurouse un novo simposio para cargos populares que impartiu as FAES. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia amosouse entusiasmada pola charla e xa acordou co presidente a privatización de parte da sanidade a través da internet. ‘Escollimos eBay por se unha plataforma coñecida polos internautas’, indicou. Pola súa banda o presidente da Xunta declarou que ‘estamos dispostos a vender a Sanidade ao mellor postor’ e por iso comentou ‘que mellor sitio que eBay’.
As preguntas sobre por que vai gañando a poxa Eulen, a empresa que dirixe a súa irmá, o presidente responde que son ‘casualidades’ que calquera pode poxar que hai un usuario chamado ‘florentinop’ que tamén está a ‘poxar forte’.
En calquera caso indicou que ‘Galicia volve a ser pionera. Neste caso nas privatizacións 2.0 pola vía rápida’.
Pola súa banda a Conselleira de Facenda xa habilitou unha conta en Paypal para materializar a transacción financeira.