Sociedade

Mario López Rico, un novo referente do 15M na Coruña


Mario López Rico, nado en Ribadeo en 1949, é un arquitecto e expolítico galego.

Mario López Rico espera para paralizar un despexo, coa policía ao fondo.

Mario López Rico sentado, espera para paralizar un despexo, coa policía ao fondo.

Aos seus 65 anos, despois dunha longa vida na política galega, sempre ao lado do histórico dirixente, Xose Manuel Beiras Torrado, Mario López Rico ou “El Pitbull de la Coru”, como gosta de chamarse emprende una nova viaxe dentro dos movementos sociais.

Despois de deixar a executiva de Anova, por non concordar cos ideais que levan a formación galega a coaligarse con IzquierdaUnida nas próxima eleccións galegas, Mario López Rico achégase aos movementos sociais, dos cales di “nunca se ter separado”.

Para Mario A Coruña “sempre foi unha cidade asoballada polo poder do capitalismo máis furtivo” e maila ter sido concelleiro da cidade durante a súa etapa no BNG, “o cambio non foi posíbel”. Desencantado da política e desde unha segunda ou terceira liña, todavía en Anova, o político coruñés achégase ao movemento 15M para tentar exprimir todo o potencial democrático que leva dentro.

López Rico impulsará así un “reaxir da dignificación dos movementos sociais, desde unha primeira liña destes” xa que afirma “despois de ter intentado ser correa de transmisión destes desde Anova, nunca fun capaz de conseguilo. Espero que agora desde primeira liña si sexamos capaces de sacar ao país adiante”.

Preguntado pola súa actividade en Anova a partires de agora, López Rico cualificouna de que sería “de baixa intensidade, na oposición interna e mesmo como outsider”. “O que me move agora é axudar aos desafiuzados, aos sen teito e en definitiva a todas as vítimas dos atropelos do capitalismo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.