Ciencia

Atopan de maneira consecutiva dous pementos de Padrón que pican


Un feito insólito ocorrido este pasado fin de semana na contorna da vila natal de Rosalía, Padrón.

Elvira mostra o plato de pementos no que apareceron os dous picantes consecutivos

Elvira mostra o plato de pementos no que apareceron os dous picantes consecutivos

Dous turistas madrileños que probaban as bondades e sabores dos ilustres pementos da vila, daban conta do sucedido, do que aínda non daba creto. Dous pementos de Padrón consecutivos picaban.

Non é a primeira vez que ocorre algo similar, se nos remontamos ao ano 1951, podemos atopar noticias dun veciño de Herbón que dicía ter atopado ate 3 pementos seguidos que picaban, mais daquelas os escasos medios tecnolóxicos non puideron corroborar a historia e home foi tratado de tolo.

Juan Carlos e Elvira, que así se chaman os protagonistas desta historia, foron atendidos de urxencia por un psicólogo de Protección Civil que se atopaba no bar, séndolles subministrado un vaso de viño branco da casa para calmar as súas respectivas linguas.

Juan Carlos explicaba a TemposGalegos o achádego dando conta de que “es un honor encotrar algo así” e espera que para a próxima vez que volva a comelos todo saia mellor. Preguntado polo estado da súa muller comentou que “le pusieron un cacho de queso, de ese que dicen que es español, o del país, o como le llamen y parece que va a mejor”.

Os pementos da ración foron levados a analizar na busca de probas que aclaren o por que deste estraño acontecemento.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.