Actualidade

O Ministerio do Interior podería usar o Gaiás como “manifestódromo”


manifestacion_gaiasO ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, manifestou onte que estaría “muy atinado” limitar o dereito constitucional á manifestación a “un lugar específico”.

Esta palabras foron rapidamente escoitadas polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e apresurouse a ofrecer o Gaiás como un lugar idóneo. “Lembro que cando estaba no goberno da Xunta non tiñamos idea de para que podía servir, pero agora por fín lle atopamos sentido”, comentou.

Fontes internas da consellería indican que ven con bos ollos a idea e que chega no momento idóneo xa que “se está agrientando y poniendo feo. Además siempre le podemos echar la culpa a los manifestantes”.

A proposta chegará agora ao ministerio xunto coa proposta de Valencia de utilizar o aeroporto de Castellón tamén co mesmo fin. O ministerio tomará unha decisión definitiva que se publicará no BOE cando se promulgue a Lei Mordaza.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.