Actualidade

O Telexornal Mediodía cambirá a súa sintonía polo himno do PP


TelexornalO consello da corporación da Radio e Televisión de Galicia acaba de informar de que cambiará a sintonía de inicio do Telexornal Mediodía e que a sintonía elixida será o himno do Partido Popular.

A gravación correrá a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense nunha representación que recorda ás multitudinarias congregacións de gaiteiros que realizaba Manuel Fraga. A opción da Banda da Deputación ourensá impúxose por unha marxe moi estreita de votos á versión realizada a trombón por Xosé Luís Baltar.

Xornalistas presentes na rolda de prensa preguntaron sobre a instrumentalización da canle autonómica por parte do Partido Popular. O voceiro do CRTVG comentou que se trataba de ‘pataletas da oposición’, e que soamente ‘se trata dunha sintonía e non de nada político’. ‘A nosa línea editorial non está ideoloxizada e a elección desta sintonía é casual e permítenos seguir nesa linea de independencia informativa’, engadiu.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.