O incremento da rumoroloxía entorno ao cese da convivencia entre o Ex-Rei e dona Sofía presaxia un divorcio inmninente.

O Ex-Rei marcha da Casa

O Ex-Rei despois dunha noite de farra.
Nas últimas horas, fontes confidencias confirman, presuntamente, o desenlace dunha parella que naceu na cuberta dun barco alá polo ano 54. Todo apunta que burdeles, barcos e fulanas nada teñen que ver nesta decisión que partiría principalmente de dona Sofía, farta de competir con elefantes, bedetes e amigas especias do ate hai pouco Su Majestad.
O entorno da Casa Real especula coa posibilidade de que Don Juan Carlos enganase por enésima vez a súa parella, desta volta durante a súa estancia en Granada por mor do Mundial de Basket, donde puidemos comprobar a súa presencia nun dos partidos da selección española. As continuas farras, e a vida de bribón acabarían por facer mella na relación real.
Pola súa banda unha parte da cidadanía acusa a don Juan Carlos de separatista polo seu divorcio e piden ao goberno do Estado que prohiba calquer tipo de consulta ao respecto a avogados matrimonialistas.

Dona Sofía campechana recolle unha cebola que se lle caeu ao chan.
Se finalmente todo remata como parece, novos frentes se abren na Casa Real, na que a relación matrimonial do actual rei tampouco pasa polos seus mellores momentos.
Segundo trascende, todo parece indicar que Dona Sofía estaría barallando pedir a custodia da, no seu momento, infanta Elena, podendo pedir así o cobro dunha pensión para manutención.
Desde Casa Real, a día de hoxe, prefiren non pronunciarse sobre o tema.