O Grupo de alimentación Nutrexpa acaba de anunciar que lanzarán unha nova variedade da súa famosa crema con sabor a zorza
Na rolda de prensa de presentación indicaron que a súa equipa de I+D+i acaba de rematar todo o proceso de producción e comunicaron que nunhas semanas poderase adquirir en todos os establecementos de alimentación que distribúan a súa marca.
Segundo indicaron os voceiros da compañía é un paso necesario xa que a compañía estaba estacada cos sabores da súa coñecida marca de cremas de cacao e esqueran abrir un novo mercado de sabores. Indicaron tamén que se esta nova variedade ten éxito tratarán de facer novos sabores de criollo, callos, e fígado encebolado.
Dende Carnelao xa adiantaron a benvida ao novo sabor e declararon que “Con isto se demostra que os veganos están derrotados. Ninguén compraría unha nocilla de apio. Está claro que a xente prefire zorza antes que herba”.
Pola súa banda a confederación de asociacións veganas do estado indicaron que “Solicitamos a la compañía que retiren este producto que fomenta el maltrato animal y le pedimos a la compañía que lo substituyan por una Nocillla de brócoli o de coles de bruselas o, por qué no, de tofu”.
NO SABIA QUE ERA HOY EL DIA DE LOS INOCENTES.