Unha empresa coruñesa lanza ao mercado unha nova versión do tradicional turrón O I+D gastronómico galego parece non ter fin. Primeiro foi a Nocilla de zorza, despois o Actimel de licor café e agora chéganos o turrón de carne richada para celebrar dun xeito diferente as datas de Nadal. Dende a empresa sinalan que “somos…
Autor: TemposGalegos
Rafa Cuíña rociará Lalín con Varon Dandy para quitar o olor a cocho se sae elixido alcalde
Así o anunciará durante a mañá de hoxe nunha rolda de prensa convocada na capital do Deza. Rafael Cuíña, fillo do que fora Conselleiro de Obras Públicas en tempos de Don Manuel, Xosé Cuíña, é o candidato de CxG á alcaldía do concello de Lalín, cargo que xa ostentou seu paí aló polos anos 80. Cuíña…
Charlie Sheen protagonizará a versión americana d’A Esmorga
Anuncian unha versión americana da cinta de Ignacio Vilar que contará coa presenza do actor de ‘Dous homes e medio’ A produtora da familia Estévez-Sheen negociou a compra dos dereitos da longametraxe galega e anunciou que comezarán a rodar a versión en breve. Como non podía ser doutra forma a cinta estará protagonizada por un…
Abanca imporá comisións en todos os seus atracos
A asociación consumidores e usuarias galegas, ACOUGA, advertiu do risco “evidente” que supón esta medida, xa que a entidade bancaria asume a posibilidade de ser atracada e impón un gravame a estes actos. Nun comunicado, ACOUGA advertiu do perigo existente de que a banca realice baremos de taxas en relación coa gravidade dos feitos, desde o…
Lanzan ao mercado marihuana homeopática
Unha startup galega lanzará ao mercado marihuana homeopática que pretende comercializar a grande escala en parafarmacias, herbolarios e bares-supermercado de todo o país A homeopatía baséase en que a disolución dunha substancia en auga provoca que esta adquira as propiedades do axente disolto que pode seguir sendo transmitido nas sucesivas disolucións. Colleron 1 mg de marihuana e comezaron coa…
A Garda Civil desarticula unha banda de veganos que planeaba rebentar unha matanza en Becerreá
A banda de veganos dispoñía de planos e pensaba asaltar diferentes casas do rural para ceivar aos porcos antes da súa transición a alimento. Nunha macroredada organizada en diferentes pisos de Lugo e Monforte, os corpos de seguridade do Estado detiveron a un total de 10 veganos, considerados os cabecillas da trama. Na operación secreta,…
Sondaxe contratará a Arguiñano para a cociña das súas enquisas
A empresa aposta así pola cociña de autor e a deconstrución dos datos electorais que se lle servirán quentiños á audiencia Sondaxe, a empresa especializada en estudos de opinión e electorais, pertencente á Corporación Voz de Galicia, anunciou que fichará a Karlos Arguiñano para colaborar na cociña das súas enquisas e contar, así, cun dos cociñeiros mediáticos…
Feijóo transformará Monte Pío nun motel
Ante as críticas por parte da oposición polo uso fraudulento de cartos públicos para acoller as pernoctas do seu “amigo” Pachi Lucas, o Presidente da Xunta decide converter a residencia de Monte Pío nun motel de titularidade pública. Feijóo anunciaba este novo plan, a cargo da Consellería de infraestruturas, polo cal convertirá a residencia oficial…
La Voz de Galicia fusionarase co DOG
A nova cabeceira de Santiago Rey será aínda máis oficialista La voz de Galicia destaca por ser o medio de comunicación máis subvencionado do estado. Cada vez que saen axudas aos medios o xornal coruñés ocupa o primeiro posto no ranking de cantidades dadas a dedo polo executivo de Alberto Núñez Feijoo. Ademais diso, o…
O único afiliado do PP de Compostela que aínda non foi concelleiro agarda pola súa oportunidade
“Aún quedan 6 meses; todavía conservo la esperanza de que me llamen para alcalde”. Estas eran as palabras de José Juan, o único afiliado do Partido Popular de Compostela que aínda non pasou polo concello como membro da corporación santiaguesa. Os continuos vaivenes de concelleiros populares na capital galega, debidos en gran parte a meter man…
Veganos sementan chourizos para “comer algo decente”
Os avances na investigación da carne cultivada tratan de ser aplicados nunha leira do país A carne cultivada xa é unha realidade dende que a NASA intentou atopar fórmulas para alimentar mellor os seus astronautras cando estaban no espazo. Xa no ano 2000 conseguiuse facer un filete de carpa no laboratorio pero a popularidade e esperanza…
Artur Mas: “Espanya vai de guai e non chega a chachi”
O President deixa claro que non se amilanará ante as ameazas xudiciais procedentes de Madrid. Así parafraseando aos rockeiros galegos Medomedá, Artur Mas referíase ao goberno do Estado español e veladamente ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Artur Mas asegurou en rolda de prensa que as presións que desde os estamentos xudiciais españois se están a…
