Consuelo Martínez reclama parte da herdanza da Duquesa de Alba para o Grupo Mixto

De non ser así anunciou que recorrería ao Tribunal Constitucional Consuelo Martínez, nova integrante do Grupo Mixto, xunto con Carmen Iglesias reclamou parte da herdanza da Cayetana Fitz-James Stuart para conformar e completar a dotación económica do Grupo Mixto. Segundo anunciou a parella nun comunicado están dispostas a renunciar a 3/5 partes sempre e cando as outras…

Ana Aznar, nova afiliada do PNV

Unha foto colgada na rede social Twitter vén de desatar a tormenta mediática da semana. A filla de José María Aznar, expresidente do goberno español, posa xunto ao seu marido Alejandro Agag coa bandeira vasca, a ikurriña. Tralas investigacións levadas a cabo por diversos foros de internet como Forocoches.com ou Mediavida.com confirmaríase a noticia. Ana…

Que foi de… Filipe Díez?

A desaparición do coñecido opinador, causa confusión tanto nas redes como na vida política galega. Filipe Díez, o que fóra un dos primeiros trolls galegos e precursor da opinoloxía política no noso país, atópase en paradoiro descoñecido desde hai meses, sen que ninguén saiba nada del nin nas redes sociais nin na vida real. A día…

O goberno subvencionará viaxes sexuais ás Canarias

Alcanzará a cantidade equivalente a unha dieta do senado se a viaxe é de contido sexual Despois do escándalo das viaxes do presidente estremeño José Antonio Monago a Canarias as que se engadiu o caso do deputado do PP de Teruel, Carlos Muñoz, o goberno do estado decidiu coller o touro polos cornos para pechar o tema….

Pachi Lucas: “Tanto la quería”

Onte Pachi Lucas dedícaballe a canción nas redes socias a un presunto “Alberto” Nuñez Feijóo. O que foi, presuntamente, o conseguidor dos contratos da famosa trama Zeta e amante do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo mostrábase así de cariñoso e facía referencia ás noticias sacadas pola prensa acerca das corruptelas entre membros do…

Un magosto popular asará 10 concelleiros envoltos en papel Albal

“Si haberá pan para tanto chourizo”, apuntan dende a organización A asociación Carnelao e a Plataforma Santiago de Corruptela organizarán conxuntamente este martes en Compostela un magosto popular no que o menú principal serán 10 concelleiros xunto coas tradicionais castañas, viño e licor café. O lema desta peculiar celebración do San Martiño será “Pápaos antes de…

Membros do PP de Catalunya trabúcanse e carrexan a anciáns a votar

Sucedía na maña de onte, durante o transcurrir da histórica xornada para Catalunya do 9N. Sobre as  11h da pasada mañá, durante as votacións sobre a independencia de Catalunya, algo que non estaba previsto sorprendía aos observadores internacionais que vixiaban o correcto funcionamento da xornada de referendo organizada polo pobo catalán. Membros do Partido Popular…

Feijoo: “Eu son moi de Podemos, podemos fodervos a todos”

“De feito é o que estamos a facer”, engadiu É o que comentan que realmente dixo Feijoo na comparecencia da prensa que tivo lugar onte tras a reunión semanal do Consello da Xunta. Feijoo que valorou a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas e dixo que “Ningunha enquisa pode substituír ás urnas” momento no que,…

Anova lanza a súa nova campaña “Divide e vencerás”.

Anova – Irmandade Nacionalista presentaba na tarde de onte a súa nova campaña política que leva por nome “Divide e vencerás. Pola ruptura democrática”. No día de onte Martiño Noriega, co-portavoz da Anova, e Esther Duro co-responsábel de Organización, co-presentaban ante os medios a nova campaña da súa formación. Campaña que sae a luz tan…