Tecnoloxía

A UPG anuncia a creación da conta de Twitter de Paco Rodríguez


A conta de twitter que será nomeada como @paquiñoUPG e servirá para inserir na rede de microblogging os pensamentos do histórico líder comunista.

Conta twitter de Paco Rodríguez.

Conta twitter de Paco Rodríguez.

A organización galega integrada no BNG, confírmaba hoxe a creación da conta de Twitter do seu principal ideológo Francisco Rodríguez coa pretende dar un empurrón tanto á mala xeira de resultados do BNG como plantexar debates de fondo na propia rede social.

Con esta iniciativa, o líder da UPG fuxe de antigos posicionamentos que caracterizaban este tipo de redes sociais como “instrumentos de control de masas por parte da CIA” e únese ao mundo virtual máis alá do Terra e Tempo.

Mentres tanto por parte da executiva do BNG, segue a busca e purga de chíos considerados pouco nacionalistas ou españolistas entre os seus militantes, abrindo expedientes a aqueles membros da organización que se mostren a favor de organizacións de ámbito estatal como Podemos ou as mareas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.