O goberno de Malasia, a través do seu fondo de inversións, acaba de mercar a Bankia o 66% da autopista Santiago-Dozón.
Bankia e FCC acaban de comunicar á Comisión Nacional do Mercado de Valores a venda, por máis de 400 millóns de euros, da empresa Golbalvía Infraestructura, SA que é posuidora, entre outras infraestruturas do 66% da autopista Santiago-Dozón.
Esta operación vai facer mudar de xeito exprés os libros de texto de xeografía para o próximo curso ao existir agora un novo país co que limita Galicia: Malaisia. Deste xeito nos novos libros estudiarase que Galicia limitará ao sur con Portugal, ao leste con España e no centro con Malasia.
Feijoo valorou positivamente esta noticia e indicou que é unha moi boa nova para os galegos. ‘Por solo 5,95 euros pueden darse una vuelta por Malasia’, indicou. O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, tamén valorou de xeito moi positivo o anuncio da venda da autopista ‘Pasamos de estar a más de 11.000 km de Malasia a estar a 5 minutos. Esto es muy importante para el I+D gallego. Estamos a un paso de descubrir el teletransporte. Miren si estamos cerca que ahora metes dinero en una cuenta de Abanca y aparece directamente en Venezuela’, declarou. Na mesma comparecencia o presidente aproveitou para chamar bolivariana á oposición.