Despois de ser collido en varias mentiras acerca do aparecido nos #PanamáPapers o ministro asegura non pertencer ao executivo. Varias son as mentiras que a raíz do escándalo dos Papeis de Panamá lle foron cazadas a José Manuel Soria, desde que el nunca tivera accións da empresa offshore UK Lines Limited, ata que ninguén da…
Autor: TemposGalegos
O programa de Bertín Osborne pasará a denominarse ‘En tu offshore o en la mía’
A productora do exitoso espazo televisivo aproveitará o filón do coñecido caso dos papeis de Panamá para reformular o programa de entrevistas que presentaba Bertín Osborne ‘En tu casa o en la mía’. O primeiro paso vai ser un cambio de nome do popular programa que pasará a denominarse ‘En tu offshore o en la mía’ e, fontes próximas…
Mario, sé fuerte
Mario Conde e Alberto Nuñez Feijóo intercambiaron saúdos no día de onte, cando o exbanqueiro pasaba nun coche policial detido na cidade de Compostela. O saúdo, segundo fontes de TemposGalegos, teríase dado por parte do presidente galego, a grito pelao no medio dunha transitada rúa do barrio de San Pedro, onde Feijóo inauguraba un adoquín. Tal e…
Podemos forza á Seleccion Galega a xogar contra Venezuela
‘El bolivarismo va a llegarrrr’, declarou Antón Gomez-Reino cando os medios lle preguntaron sobre o próximo partido da selección galega. Segundo fontes que prefiren permanecer no anonimato o partido que xogará o próximo 20 de maio a Selección Galega contra Venezuela puido ser forzado por Podemos. A financiación que a formación de Pablo Iglesias obtivo de…
Amazon lanza o Ovo Kindle
O ovo que nunha primeira versión non fará pallas, si poderá ser utilizado para a masturbación femenina grazas ao seu vibrador incorporado. Este novo aparello ‘Kindle’ non é o primeiro dispositivo tecnolóxico de Amazon, pero si o primeiro en innovar en canto a súa forma. O Ovo Kindle terá 3 GB de RAM e un procesador a 3,3 GHZ. O…
O PP proporá retrasar o fuso horario 1000 anos
En principio o Partido Popular indicara que a súa proposta era retrasar o horario unha hora para ‘adecuarlo a las necesidades del país’ pero cálculos posteriores das FAES indicaron que era moito máis acaído retrasar o reloxio un milenio xa que o feudalismo da Idade Media ‘se adecuaba mucho más a la realidad española’. As…
Galicia Bilingüe denuncia a politización do Celta-Dépor co himno galego
Gloria Lago pídelle a RFEF que obrigue a cantar o himno español en todos os estadios. O vídeo das afeccións de Celta e Dépor cantando o himno galego o pasado sábado en Balaídos estase a converter en fenómeno viral desde a súa publicación na páxina oficial do Real Clube Celta de Vigo en Facebook, e que…
Yosi substituirá a Brian Johnson como cantante de AC/DC
As nosas fontes no mundo da música revélanos que tras a espantada de Axl Rose coma substituto de Brian Johnson, o candidato para exercer de vocalista dos AC/DC será Yosi, o mítico cantante de Los Suaves. Informacións chegadas á nosa redacción indícannos que a vindeira fin de semana en Berlín, despois do concerto que Los Suaves…
Feijóo dará todo o orzamento de 2016 aos medios de comunicación afíns.
Funcionarios e persoal laboral serán traspasados a La Voz de Galicia e Faro de Vigo respectivamente ante o aumento de traballo por mor das eleccións galegas. O parlamento galego acaba de dar luz verde ao ingreso de todos os fondos previstos para 2016 a medios de comunicación afíns ao Partido Popular. Xornais como LaRegión, Faro de…
Allariz utilizará un hipopótamo na próxima Festa do Boi
A próxima Festa do Boi en Allariz contará cun hipopótamo que percorrerá as calles da vila alaricana. A asociación cultural Xan de Arzúa, entidade que se encarga da organización da Festa do Boi, anunciou que para o ano próximo contarán cun hipopótamo que correrá pola rúas da vila e fará as delicias de turistas e…
Baltar protagonizará o próximo anuncio de ING: Non é infidelidade [Video no interior]
Tempos Galegos adianta, en exclusiva, o novo anuncio que poderedes ver entrando no enlace da noticia. Segundo transcendeu onte na prensa a corporación financieira holandesa fichará ao presidente da Deputación de Ourense para protagonizar a súa nova campaña de anuncios. Deste xeito acaban de anunciar que a filial de ING en España adquiriu os dereitos do affaire…
Galicia exportará óvulos de raza rubia galega a Asia
Unha delegación asiática visitou Lugo para mercar entre 10.000 e 15.000 doses. A idea pasa por cruzar a raza galega coa autóctona de alá, para conseguir mulleres e homes de máis calidade, e de paso facer a súa produción de seme e óvulos máis rendible. A raza rubia galega chegará a Asia para mellorar a raza humana…
