Ciencia

O PP proporá retrasar o fuso horario 1000 anos


En principio o Partido Popular indicara que a súa proposta era retrasar o horario unha hora para ‘adecuarlo a las necesidades del país’ pero cálculos posteriores das FAES indicaron que era moito máis acaído retrasar o reloxio un milenio xa que o feudalismo da Idade Media ‘se adecuaba mucho más a la realidad española’.

spanish-inquisition

Novo uniforme da Inspección de Traballo despois de que entre en vigor o novo fuso horario

As FAES acaban de enviar unha fatua na que emenda a proposta que fixo o pasado fin de semana o presidente Mariano Rajoy. Na proposta anterior o PP indicaba que había que adaptar o horario do estado español ao Western European Time (WET) o que suporía ter o mesmo horario que Portugal ou Gran Bretaña así A Coruña pasaría ter o mesmo horario que Bratislava a máis de 3000 kilómetros de distancia pero as FAES acaba de botar por terra o argumentario popular ao indicar que ‘es una tontería hablar del huso horario en términos de kilómetros. Se trata de tiempo, por dios! Es como si midiéramos la capacidad de una botella en cristianoronaldos’. Ante isto propoñen que para desprazar o fuso horario se utilicen medidas de tempo e, así, sesudos estudos realizados nun centro do Opus Dei indicaron que o mellor para o estado é cambiar o fuso horario varios anos atrás, concretamente 1000, indicaron. ‘Esto nos llevaría al feudalismo que se corresponde con la realidad que más se adapta a España. En aquella época nadie se preocupaba por conciliar, las mujeres que hablaban de derechos o decidían abortar eran quemadas por brujas y ademas existía el derecho de pernada, cuestión que pretendemos abordar en nuestra próxima reforma laboral’, declararon da ponencia de cambio de fuso horario.

A ponencia actual aprobouse cun so voto de diferencia coa que pretendía retrasar o fuso horario tan so 80 anos ata 1936 que pretendía que entrara en vigor o próximo 18 de xullo e, segundo declararon fontes desta outra ponencia, ‘nos devolvería a un período de extraordinaria placidez’.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.