Tecnoloxía

Amazon lanza o Ovo Kindle


O ovo que nunha primeira versión non fará pallas, si poderá ser utilizado para a masturbación femenina grazas ao seu vibrador incorporado.

ovo kindleEste novo aparello ‘Kindle’ non é o primeiro dispositivo tecnolóxico de Amazon, pero si o primeiro en innovar en canto a súa forma. O Ovo Kindle terá 3 GB de RAM e un procesador a 3,3 GHZ. O máis interesante é que serve como embaixadora dunha nova versión do sistema operativo de Amazon, FireOS 5, unha versión modificada de Android con acceso a servizos propios do xigante do comercio electrónico. Amazon, incorporou nesta versión un catálogo de apps e xogos gratuítos en exclusiva e un novo servizo que automaticamente descarga series e películas cando a Ovo esté conectado á corrente e unha rede WiFi.

Porén todo apunta que a súa principal utilidade será a masturbación feminina, física e intelectual. Física grazas ao seu vibrador de última xeración que poderá ser accionado mediante bluetooth e/ou Wifi desde calquera smartphone vinculado. E intectual grazas a capacidade de almacenaxe do mesmo, que oscilará entre os 16 e os 32Gb dependendo da versión de ovo. Desde Amazon afirman que cos Ovos Kindle poderás ler un “huevo”. Por desgraza, nesta primeira versión o dispositivo non fará pallas ou masturbará a homes, pero a compañía confía na creatividade destes para darlle utilidade.

Para Amazon a aposta de Ovo Kindle é complexa. A compañía apenas gaña diñeiro coa venda destes produtos pero, a cambio, funcionan como un escaparate máis cando hai orgasmos de por medio, como neste caso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.