Economía

O programa de Bertín Osborne pasará a denominarse ‘En tu offshore o en la mía’


A productora do exitoso espazo televisivo aproveitará o filón do coñecido caso dos papeis de Panamá para reformular o programa de entrevistas que presentaba Bertín Osborne ‘En tu casa o en la mía’.

O primeiro paso vai ser un cambio de nome do popular programa que pasará a denominarse ‘En tu offshore o en la mía’ e, fontes próximas indicaron que o primeiro convidado do novo programa podería ser o ministro en funcións José Manuel Soria.

bertin osborne jose manuel soria en tu offshore o en la miaAs mesmas fontes indicaron que a equipa do programa xa se está a frotar as mans coas audiencias que produciría a aparición no programa do ministro, de Pedro Almodóvar ou de Imanol Arias.

Deste xeito indicaron que van proceder a modificar algunhas das situacións típicas do programa e, así, poderemos ver aos entrevistados cociñar unha declaración de impostos, contar anécdotas das viaxes a Panamá ou falar dos remordementos que produce non pagar un so duro de impostos.

Os guionistas agardan, tamén, poder abrir no programa un novo espazo, tipo Bricomanía, para dar consellos de inversión do tipo ‘Gaña diñeiro pedindo un préstamo a un banco co aval dos cartos que teñas nunha sociedade túa no extranxeiro’.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s