Deportes

Galicia Bilingüe denuncia a politización do Celta-Dépor co himno galego


Gloria Lago pídelle a RFEF que obrigue a cantar o himno español en todos os estadios.

jpg-1-620x330O vídeo das afeccións de Celta e Dépor cantando o himno galego o pasado sábado en Balaídos estase a converter en fenómeno viral desde a súa publicación na páxina oficial do Real Clube Celta de Vigo en Facebook, e que xa suma preto dos 400.000 visionados.

 Debido a esto, e ante o medo do “auxe secesionista” Galicia Bilingüe vén de enviar aos medios unha nota de prensa na que lamenta o uso politizador do himno galego durante o encontro do pasado sábado.

Deste xeito, Gloria Lago afirma que “non é estrano vindo de quen vén, que cabe esperar dunha persoa que se apelide Mouriño” en referencia ao presidente celeste Carlos Mouriño.

Lago tamén aproveitou un encontro cos medios na mañá de onte, para informar da petición feita a Federación española de fútbol, para que a partires da vindeira temporada se cante o himno español ao comezo de cada partido.

Nun comunicado conxunto de Celtarras e Riazor Blues, expresan a súa repulsa a atitude de Galicia Bilingüe, e poñen en cuestión a capacidade cognitiva de Gloria Lago, preguntándose “Como pretende que se cante un himno que non ten letra?”.

2 thoughts on “Galicia Bilingüe denuncia a politización do Celta-Dépor co himno galego

  1. Increible, mira que me reí de esas lindeces que soltaste por esa boca. Ahora a ver si le pones letra al himno español para que tu deseo se haga realidad.¡ Penoso !

  2. AGGGGGGGGGGGGGG, Outra vaca no millo,
    AAAGGGGGGGGGGG, otra vaca en el maiz. jajjajaajajajaj

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.