‘El bolivarismo va a llegarrrr’, declarou Antón Gomez-Reino cando os medios lle preguntaron sobre o próximo partido da selección galega.
Segundo fontes que prefiren permanecer no anonimato o partido que xogará o próximo 20 de maio a Selección Galega contra Venezuela puido ser forzado por Podemos.
A financiación que a formación de Pablo Iglesias obtivo de Hugo Chávez e Maduro podería ter a contrapartida da promoción da selección bolivariana. Podemos presionaría a través dos seus representantes galegos a Federación Galega de Fútbol para que o rival fose a selección venezonala.
Pola súa banda, Rafael Louzán nega estas presións e pon terra de por medio coa polémica. ‘Traemos á selección de Venezuela para meterlle unha malleira a eses comunistas e así deixar ben claro que aquí manda o neoliberalismo de Feijoo, como quedou claro con Abanca’, declarou.
A selección galega volverá a desputar un partido oficial tras tres anos de ausencia pola falla de apoio oficial. A chama da oficialidade da selección foi mantida durante todos estes anos grazas ao apoio dos Siareiros Galegos que seguiron organizando encontros con outras seleccións para manter vivo o espírito do equipo galego.
Se ben a Federación Galega anunciou xa o encontro o estadio no que se celebrará aínda está por determinar.
Podemos está máis preocupado polos emigrantes nese país.