Yosi substituirá a Brian Johnson como cantante de AC/DC


As nosas fontes no mundo da música revélanos que tras a espantada de Axl Rose coma substituto de Brian Johnson, o candidato para exercer de vocalista dos AC/DC será Yosi, o mítico cantante de Los Suaves.

Informacións chegadas á nosa redacción indícannos que a vindeira fin de semana en Berlín, despois do concerto que Los Suaves darán o venres pola noite na Sala Postbahnhof, producirase a reunión definitiva que viría a confirmar a incorporación de Yosi como cantante dos AC/DC tralo cruce de chamadas e correos electrónicos que ámbalas partes realizaron nas últimas semanas.

Yosi, xa menos cargado de concertos nesta última xira “La música termina” e recuperado físicamente, podería compaxinar ambos grupos e deleitar co seu cantar e espectáculo enriba dun escenario polo mundo adiante.

En declaracións en exclusiva, Yosi indicou que ‘Estou encantado. Despois de telonear a Los Ramones e aos Rolling Stones vou cantar cos AC/DC. Vos sabedes a altura das torres de iluminación que teñen os escenarios deses tipos? Pois vou subir por elas arriba mellor que o Keith Richards agatuña polos cocoteiros’.

Deste xeito, culminaría unha vida dedicada a música cantando nun dos mellores conxuntos internacionais de música rock.

yosi acdc

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.