O líder dos populares veuse arriba despois de propoñer derrogar a lei do aborto e engade que tamén prohibirá masturbarse. “Si queremos financiar las pensiones debemos pensar en cómo tener más niños, no en abortar”, indicou. “Y como soy un tío realmente listo se me ocurrió que miles de millones de potenciales niños acaban en … Seguir lendo
Author Archives: TemposGalegos
Sés deixa a gheada por prescrición médica
María Xosé Silvar “Sés” terá que deixar de utilizar a gheada nos seus concertos debido a unha “disfonía profesional”. Esta doenza foille diagnosticada despois dun percance durante un concerto en Malpica de Bergantiños. Ocorreu durante a interpretación de Labregha Berghantiñana, adaptación que a cantante coruñesa fixo da famosa canción cubana, Guantanamera. Segundo o testemuño dunha … Seguir lendo
Pedro Sánchez recoñece a David Bruzos como presidente de En Marea
O presidente do reino de España procede a recoñecer a David Bruzos como presidente de En Marea coa intención de que se convoquen canto antes eleccións libre e que sexan recoñecidos por todos. Con este movemento espera situarse na vangarda dos cambios e agarda que ‘pronto’ Donald Trump siga a súa estela. ‘Este reconocimiento no … Seguir lendo
Presentan a I Festa da Empanada de Velutina en Deiro
A Xunta presenta un plan contra a velutina en Deiro. Ata o de agora a Xunta descartara tomar medidas contra a velutina, incluíndoa na lista de especies arraigadas e de interese ecolóxico xunto co arcorito e o penacho da Pampa; sen embargo, o pasado xoves o ente autonómico dou un xiro copernicano, presentando un plan … Seguir lendo
Cae o gordo na Coruña
O gordo caeu nesta administración de lotería na coruñesa Avenida de Gran Canaria Altura da rúa onde puido caer Lendoiro Segundo contan testemuñas do suceso Augusto César Lendoiro sufriu un traspés ao pasar por diante desta Administración de Loterías esta mañá. As informacións aínda son confusas e segundo a testemuña a que se lle pregunte van dende … Seguir lendo
Os críticos dos críticos de En Marea piden agora non votar
Critican o exceso de seguridade da plataforma de votación electrónica Esta semana levantábase a suspensión para votar nas eleccións internas de En Marea, o que permitiu fixar unha nova data. Así, o comité electoral da formación acordou que a votación se celebrase esta mesma fin de semana. Esta medida parecía dirixida a conseguir unha volta … Seguir lendo
Légolas descobre grazas ao Corte Inglés que o seu pai é un elfo
“Eu pensei que o meu pai era normal pero non”, declarou Legolas tras o descubrimento. O bombardeo publicitario de El Corte Inglés posibilitou que Légolas, o heroe da Terra Media, descubrira que o seu pai era, en realidade, un elfo. Deste xeito, segundo explica o famoso arqueiro os dez intermedios e as 50 veces que … Seguir lendo
En Marea organiza unha palestra sobre proteccion de datos
Despois do éxito acadado pola formación ruturista tras enviar a Julia Torregrosa, deputada cuxo vehiculo, sen seguro, estivo implicado nun accidente de trafico á Comision de seguridade vial e a Paula Quinteiro, trala sua polémica noite compostelá, na que empregou a sua condición de deputada para safar aos seus colegas de liortas policias a unha … Seguir lendo
Vox “Las Puentes”organiza un boicot para impedir que Sabela chegue ás finais de OT
Sabela Ramil, concursante de Operación Triunfo, escolleu unha canción de Rosa Cedrón con Cristina Pato ó piano, titulada “negro caravel”. A cantante é orixinaria do concello das Pontes, ónde conta cun forte apoio. Sen embargo, “Vox Las Puentes”, partido político de extrema-dereita, recén constituído neste municipio, non parece estar conforme coa imaxe que lanza Sabela … Seguir lendo
Donald Trump pide substituír o Black Friday polo White Saturday
O presidente norteamericano quere facer un guiño os seus electores despois da debacle que sufriu nas eleccións de metade do mandato. A derrota electoral sufrida por Donald Trump nas elección do congreso provocou que as cousas comecen a moverse no entorno do líder republicano. Tanto el como os seus asesores máis próximos teñen previsto reactivar … Seguir lendo