Instalouse no madrileño palacio de Vistalegre e conseguiu que os participantes visitaran o ano 1939.
Un experimento científico desenvolveuse esta fin de semana en Madrid. Cientistas de extrema dereita conseguiron fabricar unha máquina do tempo que logrou levar aos asistentes 80 anos atrás e conseguir que tiveran vivencias propias da época.
Deste xeito os asistentes puideron vivir experiencias sobre a reserva espiritual de occidente, o complot xudeo-masónico que quere romper España, a visualización do NO-DO en 3D ou a marabillosa vida con Franco.
Os responsables do experimento amosáronse moi satisfeitos co resultado. “Todo el mundo tenía una banderita de España”, indicaron. “Esto confirma que la gente se mimetiza y que la nostalgia con lo retro funciona”, engadiron.
O equipo responsábel da viaxe no tempo xa ten previsto iniciar novas experiencias. ‘Tenemos previsto visitar la edad media. Quemar a ateos y herejes es un avance”, indicaron. Preguntados sobre a posibilidade de viaxar máis atrás no tempo comentaron que “Tenemos previsto visitar el año 0 para ver a nuestro señor Jesucristo pero no podemos retroceder más de 6.000 años o nos perderemos en el vacío sideral”, indicaron.