Despois das reunións con Villarejo comprendeu que “en la vida no todo es dinero” e procederá a deixar cargos que non estean remunerados.
María Dolores de Cospedal abandonará o seu posto na executiva do Partido Popular. Segundo fontes próximas ao seu entorno “ir por ir es tontería”. A ex secretaria xeral do Partido Popular tivo unha rebelación despois das múltiples xuntanzas co comisario Villarejo e chegou á conclusión de que, na vida, os cartos non o son todo e centrará a súas actividades abandonando todo o que non dea un rendemento económico.
A contabilidade paralela do PP xa non é o que era polo que Cospedal manterá o seu escaño que lle reporta un soldo digno e tamén lle permite un aforamento que lle podería aforrar algún disgusto no futuro mentres agarda por algunha porta xiratoria que lle permita saír con dignidade da política e lle reporte beneficios nalgún consello de administración.
Pablo Casado, que marcou distancias coa súa compañeira despois de que se coñeceran as reunións con Villarejo, non fixo declaración e remitiuse a un comunicado do Partido Popular no que se facía mención a que a dimisión de María Dolores de Cospeldal fora “de mutuo acuerdo”.